Árdelle o eixe

'Árdelle o eixe' é a segunda agrupación de 'Queixumes dos pinos', centrada especialmente en representar á asociación en eventos de toda Galicia.

A agrupación está formada por vintecinco rapaces e rapazas entre os 10 e os 18 anos, a maioría dos cales levan anos adicándose a danza dentro da escola e dos niveis inferiores e Queixumes dos pinos.

'Árdelle o eixe' conta cun amplo repertorio de coreografías que van dende as pandeiradas máis tradicionais a un bo número de danzas procesionais recollidas na provincia de Ourense, pasando por variados bailes ideais para celebrar calquera romaría. Todo este traballo plásmase no espectáculo 'Hoxe facémola nosa festa' que a agrupación presentou no Café Teatro Xesteira en abril de 2012 e que na actualidade xira por distintos puntos de Galicia.

Comparte en Twitter