Cantareiros

Hai uns anos, varios rapaces de 'Queixumes dos pinos' decidiron xuntarse para cantar e tocar. Foi así como xurdiu o grupo de Cantareiros da agrupación, que actualmente conta cunha decena de membros que interpretan todo tipo de cancións populares acompañando as súas voces cunha amplia variedade de instrumentos.

Por unha banda, as melodías póñenas gaitas, acordeóns, guitarra ou flauta. Por outra, o ritmo márcao unha percusión que vai dende os máis habituais bombo e tamboril, ó pouco frecuente charrasco, pasando por pandeiretas, pandeiros, latas...

En canto á selección de temas, os Cantareiros de Queixumes dos pinos apostan por un repertorio ecléctico no que tanto podemos atopar cantos tradicionais a capella, como sinxelas pandeiradas ou animadas xotas, pero tamén abarcan os populares cantos de taberna que, coas súas pícaras coplas, animan calquera festa.



Comparte en Twitter