Canto e pandeireta

Xunto coa danza e a gaita, outra das áreas de formación históricas dentro da agrupación é a de canto e pandeireta, empregando como base o grupo de cantareiras da agrupación.

Na actualidade, as clases desta disciplina ampliáronse co obxectivo de diversificar a formación, facéndoa máis completa en canto a contidos, pero tamén en canto a niveis. Por iso, ofrecemos clases de pandeireta para adultos, e para rapaces a partir dos 5 anos.



Para solicitar máis información ou matricularse pode visitarse en calquera momento do curso a sede da agrupación sita na rúa Zurbarán nº25 Baixo no Barrio do Couto en Ourense. Tamén se pode contactar con nós nos teléfonos 988 104 367 e 686 961 514 ou no correo electrónico qdp.our@gmail.com.

Comparte en Twitter