Chispiños

'Chispiños' é o grupo para os máis pequeniños dentro da escola de 'Queixumes dos pinos'. Nel atopamos a nenos e nenas que comezan a bailar xa dende os tres anos, aprendendo os seus primeiros puntos e danzas, pero tamén aprendendo as súas primeiras cancións, así como xogos populares da nosa terra. As súas clases son un divertimento para que descubran o pracer da música e a danza ó tempo en que se inician nas raíces de Galicia.

Comparte en Twitter