Contegra

'Contegra' é un programa europeo de intercambios entre a xuventude, integrado no programa 'Juventud en acción', organizado por Queixumes dos pinos e financiado co apoio e fondos da Unión Europea.

O proxecto foi aprobado a través do INJUVE, sendo solicitado a través do servizo de programas europeos da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Levarase a cabo do 10 ó 16 de setembro de 2012 na localidade de Baños de Molgas coa participación de 32 mozos e mozas procedentes de distintos países europeos. Xunto coa participación española, haberá rapaces e rapazas de Chipre, Bulgaria e Rumanía.

Durante unha semana, os participantes realizarán actividades de teatro (Tealidad), talleres de cociña (Gastroeuropa), música e danza (euromusic) e foros abertos sobre medio ambiente.


Para máis información, podedes visitar a páxina de facebook do Proxecto Contegra.

Comparte en Twitter