Gaita

Unha das disciplinas históricas dentro da escola de 'Queixumes dos pinos' é a gaita que, de feito, é un dos departamentos nos que a agrupación ten sido premiada.

As clases, a cargo de Javier Coya, están dirixidas a alumnos de todas as idades que queiran aprender a arte da gaita, adquirindo as destrezas e os coñecementos musicais suficientes como para interpretar un amplo repertorio de cancións co instrumento máis típicamente galego.


Para solicitar máis información ou matricularse pode visitarse en calquera momento do curso a sede da agrupación sita na rúa Zurbarán nº25 Baixo no Barrio do Couto en Ourense. Tamén se pode contactar con nós nos teléfonos 988 104 367 e 686 961 514 ou no correo electrónico qdp.our@gmail.com.

Comparte en Twitter