Historia


Queixumes dos Pinos foi fundado no ano 1994 por José Antonio Viñas na Derrasa (Pereiro de Aguiar) co obxectivo  de recoller, difundir e impulsar o folclore popular galego. 

Ó longo de toda a súa traxectoria, a agrupación leva traballado infinidade de coreografías e temas de carácter tradicional que veu plasmando en distintos espectáculos que os seus compoñentes presentaron nos mellores escenarios de Ourense, así como noutros lugares da xeografía galega. Ademais, Queixumes dos pinos leva anos percorrendo toda Europa, levando os seus espectáculs de gran riqueza musical por países como Finlandia, Chipre, Rumanía, Alemania, etc. converténdose así en auténticos embaixadores da tradición cultural do noso país fóra das nosas fronteiras.


Comparte en Twitter