Hoxe facémola nosa festa

'Hoxe facémola nosa festa' é o primeiro espectáculo da agrupación 'Árdelle o eixe'. Os vintecinco bailaríns deste colectivo súbense ó escenario para, a través de coplas de cantigas tradicionais, facer un repaso da cultura galega tradicional galega.

A través de música e proxeccións os espectadores poden facer unha pequena viaxe no tempo para descubrir como se forma unha pequena festa á que, pouco a pouco, se van sumando máis e máis bailaríns. Deste xeito podemos gozar de dende pandeiradas tradicionais a danzas procesionais.

Todo isto, acompañado dunha variada selección musical, con diferentes instrumentacións e variados ritmos ó longo dos 75 minutos que dura o espectáculo.

Comparte en Twitter