O folclore no camiño

Un peregrino parte de Ourense camiño de Santiago de Compostela nunha viaxe máxica chea de música e danza.  



Esta é a proposta de Queixumes dos pinos, nun espectáculo para teatros e auditorios no que se combina a música, a danza e o espectáculo con proxeccións audiovisuais.


 
Sobre o escenario, unha trintena de músicos e bailaríns que interpretan unha vintena de pezas de gaita, pandeireta e danza poñendo sobre o escenario vistosas e variadas coreografías.



As danzas que compoñen ‘O folclore no camiño’ son unha selección de coreografías diferenciadas que buscan sorprender ó público a cada momento. Por iso, o escenario énchese non só de luces e cores senón de ata cinco vestiarios diferentes e multitude de obxectos que enriquecen a posta en escena, dende apeiros de labranza ata candís e paraugas.


‘O folclore no camiño’ non é só un espectáculo de danza. É tamén unha historia, a historia dun peregrino que viaxa a Santiago de Compostela mentres descubre a riqueza cultural de Galicia, unha historia que da sentido a todo o que o espectador vai a ver.


‘O folclore no camiño’ non é unha simple actuación de danza. É un espectáculo de preto de hora e media de duración no que se combinan equilibradamente danza, espectáculo e entretemento.



Comparte en Twitter