Outros

Ó longo da súa historia, 'Queixumes dos pinos' leva diseñado máis dunha decena de espectáculos que representou en teatros e auditorios de toda Galicia.

3D
A comezos de 2011 'Queixumes dos pinos' subiuse ó escenario do Café Teatro Xesteira para presentar '3D', un compendio de tres espectáculos diferentes que facían un repaso do traballo da agrupación ó longo dos anos, presentando toda a súa riqueza sonora e de vestiario, así como a inmensa maioría de coreografías.

'Tradición', 'Emigración' e 'A nosa festa' foron os títulos das tres partes independentes que os ourensáns puideron gozar nunha ocasión única.



O retorno do emigrante

Eduardo retorna das Américas para reunirse coa súa familia nunha viaxe chea de música, danza e inesperadas aventuras que beben directamente da nosa cultura tradicional. Este é o plantexamento de 'O retorno do emigrante', un espectáculo que mestura música e danza con teatro para contar unha historia rodeada de folclore e tradición.





Comparte en Twitter