Sons do miño

A partir dos cinco anos, os rapaces da escola de 'Queixumes dos pinos' teñen un lugar en 'Sons do Miño', unha agrupación na que os rapaces empezan a familiarizarse coa danza e a música galega, así como os xogos, o traxe e a nosa tradición popular, pero tamén cos escenarios, mostrando o seu traballo polos teatros e rúas da provincia de Ourense.

Trátase de rapaces que se inician xuntos na música e na danza, que aprenden tamén os valores  do traballo en grupo e da convivencia e que gozan ensinando ó público o seu duro traballo nos ensaios.



Comparte en Twitter