Danza

A escola de 'Queixumes dos pinos' ofrece formación en danza rexional para nenos e adultos. Todos, dende os tres anos de idade, teñen o seu lugar para aprender os bailes máis típicos de Galicia.
Os rapaces máis pequenos comezan con xogos que os fan bailar en roda para pronto comezar coas muiñeiras e, de seguido, coas xotas, carballesas ou agarrados que aprenden os máis maiores, abarcando dende as coreografías máis elaboradas ata as formas de baile máis sinxelas a xeito de foliadas tradicionais.

Todo isto, cunha ampla ventá de horarios para adaptarnos ás necesidades dos nosos alumnos.


Para solicitar máis información ou matricularse pode visitarse en calquera momento do curso a sede da agrupación sita na rúa Zurbarán nº25 Baixo no Barrio do Couto en Ourense. Tamén se pode contactar con nós nos teléfonos 988 104 367 e 686 961 514 ou no correo electrónico qdp.our@gmail.com.

Comparte en Twitter