Domingos en festa

Todos os domingos, na sede da agrupación sita na Rúa Zurbarán nº 25 Baixo, no barrio do Couto, en Ourense, teñen lugar os 'Domingos en festa', un evento de entrada gratuíta, a modo das tradicionais sesións vermouth, no que todo o mundo está invitado.


 


 


 


 


Cada mes, presentamos unha programación diferente con actuacións novas cada semana. Nos 'Domingos en festa' podemos disfrutar tanto de danza tradicional, como de danza contemporánea, de actuacións de gaiteiros, de actuacións de guitarristas, pianistas, acordeonistas... Todo o mundo ten cabida na programación dos 'Domingos en festa' tanto participando nas actuacións como soamente acudindo como público.

 



 


 


 


 


 
 
Cunha presencia de publico anual de máis de 2500 persoas e cunha participación de entorno ós 450 artistas ó ano fan que este proyecto sexa un referente xa na cidade de Ourense, no cal a prensa faise eco de forma constante.



Polos 'Domingos en festa' xa pasaron artistas como Martín Blanes, Rubén de Lis ou Alex e Cristina, agrupacións como Alma Llanera e escolas como Bayamo, Bieito Blaco, Tempo 18 ou Estilo libre.

Todos os domingos, a partir das 12:30.



Tamén os medios de comunicación locais se fixeron eco das actuacions desenroladas ó abeiro deste programa cultural

 
 

 


 

 

 


Comparte en Twitter