Queixumes dos pinos

Dunha ampla canteira de centos de rapaces que compoñen a escola da agrupación, 'Queixumes dos pinos' fórmano corenta mozos e mozas que compoñen o grupo titular de versátiles músicos e bailaríns.

Os espectáculos de Queixumes dos pinos contan cunha gran riqueza visual gracias ós distintos vestiarios dos que fan gala, así como ós distintos utensilios que empregan para enriquecer os bailes.

A riqueza é tamén sonora, xa que o público pode gozar dunha ampla variedade de melodías e ritmos tocados sempre en directo por gaitas, acordeón, guitarra e distintos instrumentos de percusión tradicional. Todo isto acompañado de cancións interpretadas polas formacións de cantareiros e cantareiras que 'Queixumes dos pinos' ten nas súas filas

'Queixumes dos pinos' leva actuado por escenarios de toda Europa, en festivais, auditorios e teatros, dende Finlandia a Chipre, presentando os seus espectáculos tamén en Francia, Italia, Serbia, Polonia, Grecia, Alemania, Austria e outra decena de países. Isto bríndalle un amplo recoñecemento internacional traducido incluso en premios como o Nicholas Green.



Como agrupación, 'Queixumes dos pinos' está tamén integrada por outras agrupacións como  'Árdelle o eixe', 'Sons do Miño' e 'Chispiños', así como toda a escola que a agrupación ten repartida en sedes por distintos colexios e asociacións da provincia de Ourense de forma que todas as idades e todos os niveis teñan o seu lugar.

Pero 'Queixumes dos pinos' non é só un grupo de danza, é tamén unha asociación cultural e social que desenvolve todo tipo de actos e actividades, sempre relacionados coa nosa cultura, en Ourense en en outros lugares de Galicia e do mundo.


Comparte en Twitter